viernes, 29 de mayo de 2015

Pablo Núñez



Por fin chegou o día da visita de Pablo Núñez ao noso cole.

Pablo é un escritor lucense de recoñecido prestixio. Coa súa novela "As Fillas do César" resultou finalista do Premio Planeta no 2008. No ano 2015 acada a súa sexta edición en castelán, contando ademáis cunha edición en galego.

Pablo falounos da importancia fundamental da lectura como primero paso para ser escritor, do proceso de escritura, das influencias, do traballo de investigación, do mundo editorial, de cine... Un luxo que quixera compartir con nós esta tarde e que estivera disposto a responder a todas cantas preguntas tiñamos preparadas.

Confesounos que decidiu escribir despois de ver "Gladiator", e curiosamente a productora desta película está interesada en levar "As fillas do César" á gran pantalla.

Estivemos tan entretidos que nos sorprendeu o timbre con moitas preguntas sen responder, esperamos volver a ver a Pablo Núñez nunca ocasión cercana. E mentras ese momento chega, deixounos un traballo: escribir a historia de Livia, Lobera e Dunia, as fillas do César, nunca visita á nosa comarca.

Non defraudaremos a Pablo. Seremos merecedores da confianza que deposito en nós como anfitrións das súas personaxes.

Moitas grazas, Pablo!

sábado, 2 de mayo de 2015

NOVA SECCIÓN PARA ADULTOS

En BiblioLío pensamos nas familias, por iso, desde a visita de Francisco Narla, decidimos iniciar unha sección de préstamo e lectura para os adultos da nosa comunidade escolar.
A selección de libros que vaiamos incorporando sempre estará en relación con actividades desenvolvidas no centro, ben como visitas de dinamización, ben como actividades de formación.
Así, a primeira achega é a obra de Francisco Narla, que nos regalou Assur e Ronin para xuntalos a Caja Negra, que tiñamos adquirido para a súa visita, como libro insignia desta nova sección.
A segunda achega terá que ver coa presenza de Inés Regueiro, que nos dará formación para desenvolver o Obradoiro de Creación e Costura nacido do Concurso de Deseño de Traxe Indio, dentro do EntreLetras "Unha de Indios". Para esta ocasión, a novela elixida é O Tempo entre Costuras.
Podes coñecer a listaxe de títulos neste documento.

jueves, 30 de abril de 2015

INCRIBLE MATEMAXIA CON VICTOR

O día 29 de maio, Victor Pollán, o MateMago, foi o regalo para todas as clases de primaria que participaron no Concurso de Deseño de Traxes de Indio, organizado polo EntreLetras e o ENDL, para "Unha de Indios".



O MateMago actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os de 3º a 6º. Nas seisóns, os nenos calcularon, pensaron e, sobre todo... foron sorprendidos coas predicións e acertos do noso convidado.









Tes toda a información no blogue do Plan Proxecta.

miércoles, 29 de abril de 2015

VIÑERON PACO E PEPE!

Hoxe foi un día moi especial na biblioLÍO, en colaboración co proxecto "entreletras" do ENDL.



Recibimos unha visita por partida doble: en primeiro lugar tivemos a inmensa sorte de ter entre nós a Francisco Narla

Falounos sobre a importancia do respecto aso dereitos de autor e a arte de escribir historias.  Francisco é autor de novelas de recoñecido prestixio, como Assur ou Ronin  que chegaron a ser Best Seller mundial ou a relanzada, en breve, Caja Negra. En un futuro próximo presentará a súa nova obra Donde aúllan las colinas. Con el iniciaremos, en BiblioLío a nosa sección de literatura para adultos, pensada para as familias. 


Pedimos Paco a súa colaboración para o noso próximo obradoiro de escrita creativa, que terá lugar no mes de maio. Deixounos uns "storycubes": son uns dados para xerar historias con texto. En cada dado un campo semántico, polo que se poden xerar infinidade de combinacións posibles que actuan como nexos e detonantes das historias. Xa iremos dando conta das historias que deles xurdan.



Os dados de Paco

Tamén 




Non o deixamos marchar sen que nos asinara os exemplares con que nos agasallou e nos deixara constancia do seu paso pola nosa escola no libro de visitas.






En segundo lugar, e aproveitando que o 2015 é o Ano Internacional da Luz, o alumnado experimentou coas leis físicas da luz nunha sesión formativa e lúdica a cargo de José Manuel Vázquez: a composición e descomposición da luz, a existencia da luz negra e dos ultravioletas e infrarroxos e como a auga atrapa un láser verde foron algunhas das sorpresas que Pepe nos tiña preparadas.


Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis..









Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis. Estamos desexando que haxa unha segunda parte! Deixounos un puntero laser moi potente e un prisma para quie poidamos seguir xogando coa ciencia. 







Tamén nos deixou un libro para libroslibres. Moitas gracias Pepe!





Podes acceder a toda a información nestes enlaces do Plan Proxecta: 
Francisco Narla e os Dereitos de Autor
José Vázquez e os Experimentos coa Luz


martes, 21 de abril de 2015

RE-INAUGURAMOS!

En plena Semana do Libro, e dous días antes da celebración do Día Mundial do Libro e dos dereitos de autor, tivemos a grandísima sorte de que apadriñara esta nova andaina como biblioteca do PLAMBE, Carlos Coira Nieto, que nos agasallou cunha fantástica sesión de maxia na que os libros foron os protagonistas.
















Para esta ocasión, contamos tamén cunha pequena exposición de novidades de "libros que falan de libros" e "libros de maxia"






lunes, 20 de abril de 2015

Reinauguración da Biblioteca

O martes, 21 de abril, reinauguramos a Biblioteca. 



Desde a nosa entrada en PLAMBE, traballamos para dotar de recursos, espazo e ideas a nosa biblioteca. Agora queremos aproveitar a celebración do Día do Libro e os Dereitos de Autor para a súa apertura oficial, cun acto cultural e lúdico:

A actuación de Carlos Coira, libreiro, mago, actor.

Esta actuación terá lugar o mesmo día da inauguración, en varias quendas, para o noso alumnado e profesorado.

Non perdas nada do seu desenvolvemento, aquí.