sábado, 30 de enero de 2016

Xaneiro é o Mes da Paz


Dando soporte aos Equipos do Centro, a Biblioteca participou no desenvolvemento do Mes da Paz, que vén de finalizar.


Organizamos a Exposición de Libros de préstamo Lemos pola Paz.


Comezamos co coñecemento do Correo Postal para iniciar un proceso de escrita de cartas a outros centros cos que compartimos algún proxecto (Educación Responsable, Cinema en Curso, eTwinning), nunha campaña que levou o nome de Carteámonos pola Paz e que nos trouxo ao colexio ao Carteiro da Paz.


Pero os desexos de paz tamén foron redactados para os nenos do colexio, en pequenas cartas que formaron parte da decoración alusiva deste mes: Nubes que choven cartas.

Por último, escribimos unha mensaxe de paz para a entrada do colexio na que homenaxeamos a Manuel María, o autor das Letras Galegas 2016.

Podes ver todo o desenvolvemento neste enlace.


 

sábado, 9 de enero de 2016

Un Kamishibai ao mes!

Desde que en outubro iniciamos a nosa andaina na confección e interpretación de historias para o Kamishibai, temos que anunciar que desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa Biblioteca Escolar e a participación do claustro, poñemos en funcionamento a liña de animación á lectura en galego
 
Un Kamishibai ao mes!
 
A primeira historia adaptada foi para o Festival de Nadal, alí, os rostros dos nenos mentres se desenvolvía a acción non nos deixou lugar a dúbidas. Teríamos que continuar a profundizar no noso coñecemento do recurso e da súa explotación didáctica.
 
Por iso, desde o Nadal, xa van dúas novas historias adaptadas.
 
Esta liña de traballo terá a súa pestana propia neste blogue.