martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
 

 Autor: Anuska

Este 17 de Maio celebramos o Día das letras Galegas. Neste ano, o homenaxeado é Ricardo Carvahlo Calero. 

Gracias a páxina  "Primavera das letras" podemos acceder á vida e obra de este autor. A partir de fichas descargables. Ide pinchando e buscade sen medo.

OBRA DE  RICARDO CARVAHLO CALERO

Fichas interactivas:

 

Tamén podedes acceder a "Seminario Galán" e elexides o voso curso, para realizar diferentes actividades sobre Ricardo Carvahlo Calero.

 

E como actividade en conxunto quero presentarvos "Eu falo galego".

Podedes mandar os mini-vídeos ao correo do colexio ceip.sanxoan@edu.xunta.es (ata o venres 15)

 

 
 
 
Ademáis dende a biblioteca continuamos un ano máis coa actividade "Vouche contar un conto". ANIMÁDEVOS! Risa

lunes, 20 de abril de 2020

Semana do libro

Día do LIBRO. 23 de abril

Máis que nunca, nun momento na que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade.

A Orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca  Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como  Maurice  Druon,  K.  Laxness, Vladimir  Nabokov, Josep Pla ou Manuel  Mejía  Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a  contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Dende o cole, propoñemos dúas actividades

1.     INVENTAR UN  CONTO:  Tratase de inventar un  conto  cortiño, en  galego, poder  ter  debuxos, pode ser cómic, … con todos  eles  faceremos un  libriño para a biblioteca.

2.     “MEU  CONTO FAVORITO”: Tratase de explicarnos ou  voso  conto favorito,  ou  facer un  debuxo del,  ou enviar  unha foto  do  conto.

Podedes participar  nas  dúas actividades ou  soamente  nunha. Mandando un word, ou unha captura de imaxe ao correo: ceipsanxoan@gmail.com

ANIMÁDEVOS!!!!



viernes, 3 de abril de 2020

Día do libro Infantil e Xuvenil



Coincidindo co nacemento de escritor danés HANS CHRISTIAN 

ANDERSEN en 1805, hoxe, 2 de abril, celebramos o Día do Libro 

Infantil e Xuvenil. Así que.....  #QuedaNaCasa  e celébrao!



Hans Christian Andersen foi creador de moitos contos que seguro coñecedes como: “El patito feo”, “La sirenita”, “La reina de las nieves”, “El traje nuevo del emperador”, “El soldadito de plomo”, … e moitísimos máis.

Mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic

Nestes enlaces podedes atopar contos para ler e ver, entrade sen medo, e gozade deste experiencia nova dende a nosa casa.


Anímovos a participar e comentar nesta publicación o libro que vos gusta e recemendades aos vosos familiares, amigos... PARA TODOS E TODAS!

martes, 24 de marzo de 2020

El monstruo de los colores y el coronavirus


Si pincháis en la imagen e Monstruo de los colores te explicará algo

Rosa contra el viento

O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid facilita este conto para explicarlles aos nenos o coronavirus e outros posibles virus.  Podedes visualizalo e/ou descargalo picando na imaxe



Día da Poesía




Este 21 de marzo celébramos o Día Mundial da Poesía. Unha iniciativa da UNESCO que cumpre 21 anos desde a súa proclamación no París de 1999, para impulsar e preservar o xénero lírico como unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.
Por iso, para fomentalo queremos que entre todos  os que poidades fagades algún verso  sobre o que agora mesmo estamos vivindo, a nova forma de vida que estamos levando, como o estades afrontando vós e a vosas familias ou como estades facendo  para levar mellor esta situación.

Estamos en Cuarentena por el Coronavirus,
sin ver a mis amigos,
soy responsable y solidaria,
y por eso YO ME QUEDO EN CASA.

Thalia G.L Selado
Beso3º. Primaria
________________________________________

Soñar, que o sofá da casa
é un barco pirata
que navega por augas tranquilas.
Soñar, cando estás baixo a cama
que vives nun castelo fantasma
onde esqueletos e bruxas bailan samba.
Soñar, que cun balde e unha escoba
eres unha gran cabaleira
que salva un príncipe dunha meiga.
Nestes días sen saída
que pensas "non podo facer nada" 
dedica o teu tempo a ... SOÑAR.
Ángeles.
___________________________________
NA CASA
Quedar na casa
é amellor menciña 
que podemos facernos 
uns polos outros
e xa nos veremos.
Apertas. Teresa
___________________________
Imos na procura dun xogo
pecha os ollos e verás 
como rápido o conseguirás.
¡Para! para seguir,
¡Para! para poder compartir.
Nestes días na casa debes quedar 
e todos xuntos podémolo lograr. 

Apertas e ánimo para todos. Pronto estaremos de volta.
Natalia. 
__________________________________________
Queda na casa
faino por tod@s
xunt@s lograremos
rematar con esta campaña.

Moito ánimo. Jana. 
__________________________________
Para estes días tristes e raros
non estabamos preparados.
Pero... pasarán, claro que pasarán!
Días de liberdade virán.
Días de apertas chegarán.
E para vivilos axiña
o mellor é quedar na casiña.
                           Moitos BesoBesoBesoBeso a todos e ÁNIMO!     María José
_________________________________________

EDLG y Biblioteca

lunes, 13 de enero de 2020

Caixas Viaxeiras

Coa dotación de Biblioteca Inclusiva mercáronse libros para todas as idades cos cales fixemos as "Caixas Viaxeiras" que recorren as aulas do centro.

Unha caixa azul para Infantil, outra caixa vermella para 1º, 2º e 3º e unha última caixa verde para 4º, 5º e 6º.
Con estas caixas queremos dar a coñecer entre o alumnado a inclusión, a diversidade e a igualdade entre todos nós.
Pódense levar a casa e ler/traballar na clase.






Asociación As Candelas

A Asociación as Candelas agasallou ao centro cunha caixa de libros de diferentes idades por participar no concurso de postais de Nadal e a creación do cartaz.