martes, 10 de abril de 2018

SEMANA DA PRENSA

EXTRA, EXTRA
Na semana da prensa do 5 ao 9 de marzo
todo o colexio traballou no número 2 do noso xornal escolar.

Aquí temos o fantástico resultado!!










viernes, 6 de abril de 2018

SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE

20 de Marzo

Os alumnos de 4º plantan unha árbore no cespede do centro.

A nosa cidade cambiou os seus teitos por libros relacionados ca temática traballada.







DIA DA MULLER

8 de Marzo

Por todas as mulleres traballadoras e loitadoras celebramos este día téndoas presentes.

Fixemos unha cidade e os teitos das casas son libros escritos por mulleres.


ROSALIA DE CASTRO. ABRIDE A FIESTRA

O venres 23 de febreiro, como cada ano, conmemoramos o dïa de Rosalía de Castro.

Ao longo de toda a semana léronse poemas de Rosalía nas aulas, e cada unha escolleu un poema que despois debuxaron e expoxemos na entrada do centro.



30 de Xaneiro

30 de XANEIRO celebramos o DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.



miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía.




O noso centro festexou o día de Rosalía, coa colaboración de BiblioLío.

Queres saber máis sobre esta celebración. Entra neste enlace.

domingo, 7 de febrero de 2016

Love is in the air 2016





Un ano máis chega febreiro e o seu Love is in the Air.


Se queres saber como BiblioLío colabora con esta liña de traballo, visita o Blogue do EntreLetras.

lunes, 1 de febrero de 2016

Obradoiros de escrita creativa con TIC

Os alumnos de 5º e 6º comezarán con obradoiros de escrita creativa, utilizando a ferramenta web 2.0 Storybird.

Os contos realizados son:

5º: Grupo A - 

5º: Grupo B - As raíces malvadas.

6º: Historias de amor para febreiro.

sábado, 30 de enero de 2016

Xaneiro é o Mes da Paz


Dando soporte aos Equipos do Centro, a Biblioteca participou no desenvolvemento do Mes da Paz, que vén de finalizar.


Organizamos a Exposición de Libros de préstamo Lemos pola Paz.


Comezamos co coñecemento do Correo Postal para iniciar un proceso de escrita de cartas a outros centros cos que compartimos algún proxecto (Educación Responsable, Cinema en Curso, eTwinning), nunha campaña que levou o nome de Carteámonos pola Paz e que nos trouxo ao colexio ao Carteiro da Paz.


Pero os desexos de paz tamén foron redactados para os nenos do colexio, en pequenas cartas que formaron parte da decoración alusiva deste mes: Nubes que choven cartas.

Por último, escribimos unha mensaxe de paz para a entrada do colexio na que homenaxeamos a Manuel María, o autor das Letras Galegas 2016.

Podes ver todo o desenvolvemento neste enlace.


 

sábado, 9 de enero de 2016

Un Kamishibai ao mes!

Desde que en outubro iniciamos a nosa andaina na confección e interpretación de historias para o Kamishibai, temos que anunciar que desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa Biblioteca Escolar e a participación do claustro, poñemos en funcionamento a liña de animación á lectura en galego
 
Un Kamishibai ao mes!
 
A primeira historia adaptada foi para o Festival de Nadal, alí, os rostros dos nenos mentres se desenvolvía a acción non nos deixou lugar a dúbidas. Teríamos que continuar a profundizar no noso coñecemento do recurso e da súa explotación didáctica.
 
Por iso, desde o Nadal, xa van dúas novas historias adaptadas.
 
Esta liña de traballo terá a súa pestana propia neste blogue.

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Nace un novo espazo web!

Desde hoxe dispoñemos dun novo espazo web que contén toda a información relativa ao desenvolvemento do Programa Educación Responsable.

Podes acceder desde a imaxe ou escribindo o enderezo:

http://ceipsanxoan.wix.com/ed-responsable


martes, 15 de diciembre de 2015

Nadal 2015






Este ano o Nadal ten un carácter e unha estética cinéfila. Por iso, BiblioLío está cargando pilas!! Podedes ver a nosa exposición de libros sobre cine, recentemente inaugurada con motivo desta celebración.

A estética do cole está chea de referencias ao cine e entre as celebracións programadas para o fin de trimestre, algunhas terán este medio como canle comunicativa.





Para seguir o que este Nadal está a organizarse no CEIP San Xoán, coa colaboración dos proxectos de centro e de BiblioLío, convidámoste a ver estes enlaces:







Educación Responsable: O importante é compartir.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día Internacional contra a VIolencia de Xénero

O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

BiblioLío colabora co ENDL no desenvolvemento dos proxectos do centro, achegando os recursos de que dispón. Nesta ocasión, os materiais de lectura para a concienciación do noso alumnado e para facilitarnos a coeducación, están formando parte dunha exposición que inaugura unha Semana para a Igualdade de Xénero.

Podes ver a celebración desta efeméride e dos traballos xurdidos ao seu abeiro neste enlace do EntreLetras.

miércoles, 28 de octubre de 2015

Formación do profesorado para a Literatura Infantil

Como vén sendo costume no centro, un ano máis continuamos co PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
No noso intento por conseguir mellorar a competencia lectora dos nenos, seguimos a investigar novas metodoloxías. Nesta ocasión, o formador foi José Andrés García, bibliotecario na sección infantil e xuvenil da Biblioteca de León. A súa proposta foi o achegamento á literatura e á creación de contos para o Kamishibai, unha moi orixinal forma de dramatización...

Podedes acceder a máis información no noso blogue EntreLetras.

lunes, 26 de octubre de 2015

Semana do Samaín






No cole celebraremos a Semana do Samaín e do Magosto desde o 26 ata o 29 de outubro.







A biblioteca, aparte de colaborar en todas as liñas de traballo, achega a súa aportación de lecturas recomendadas para este momento: O terror, como sempre, invade os nosos andeis...

martes, 20 de octubre de 2015

Semana da Biblioteca



Do 19 a 25 de outubro celebramos a Semana da Biblioteca, con actividades de dinamización e participando na Campaña "¡Viva la Biblio!" do "Observatorio de la Lectura y el Libro" (MECD).

Podes ver toda a información neste enlace de EntreLetras.

jueves, 1 de octubre de 2015

Inaugurando o curso 2015/2016: SUSO LISTA






Jesús Lista Neira, coñecido como SUSO LISTA, naceu en Corme o dous de abril de 1962. 



Corme é unha localidade costeira cunha longa tadición mariñeira situada na Costa da Morte (A Coruña). Alí pasou os seus primeiros 11 anos, ata que marchou a Cheste (Valencia) a cursar estudos de EXB. Con 16 anos, embarcou como mariño mercante, percorrendo toda Europa e o norte de África.


Con 25 anos deixa o barco e se instala definitivamente en Corme para traballar como percebeiro, profesión que combina coa de actor, guionista, locutor radiofónico…


Traballou en series como Mareas vivas (en máis de 40 capítulos), Libro de familiaOs AtlánticosMatalobosPadre Casares… en longametraxes como A mariñeira e Cela 211. 

Foi guionista de curtametraxes como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, actor e guionista do documental Ida e volta (seleccionado para os premios Mestre Mateo 2007).



Inicia a súa andaina como escritor en 2005, publicando relatos no seu blog: Suso Lista. Espazo emocional e literario dun percebeiro do Roncudo, que mantén ata 2011.

Dende 2008 ata 2010 traballa como actor e guionista na serie de Tv Para mariñeiros, nós (Vtelevisión).

Dirixiu un programa cultural en Radio Roncudo, O embigho da fin do mundo, e no ano 2013 gañou o Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Cultural da Radio Galega coa obra O demo nunca dorme. 



Ten publicados dos libros de relatos: Salseiros, en 2014, (terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias) e Xeixos, en 2015.



O venres 2 de outubro, teremos o pracer de recibir na biblioteca do CEIP San Xoán a Suso, que nos falará da súa obra, dos seus oficios, ads súas experiencias… e será unha delicia escoitalo, xa que é ademáis de todo é un excelente narrador. Mentres agardamos que chegue o venres, abaixo tedes algún dos traballos de Suso Lista.










viernes, 29 de mayo de 2015

Pablo Núñez



Por fin chegou o día da visita de Pablo Núñez ao noso cole.

Pablo é un escritor lucense de recoñecido prestixio. Coa súa novela "As Fillas do César" resultou finalista do Premio Planeta no 2008. No ano 2015 acada a súa sexta edición en castelán, contando ademáis cunha edición en galego.

Pablo falounos da importancia fundamental da lectura como primero paso para ser escritor, do proceso de escritura, das influencias, do traballo de investigación, do mundo editorial, de cine... Un luxo que quixera compartir con nós esta tarde e que estivera disposto a responder a todas cantas preguntas tiñamos preparadas.

Confesounos que decidiu escribir despois de ver "Gladiator", e curiosamente a productora desta película está interesada en levar "As fillas do César" á gran pantalla.

Estivemos tan entretidos que nos sorprendeu o timbre con moitas preguntas sen responder, esperamos volver a ver a Pablo Núñez nunca ocasión cercana. E mentras ese momento chega, deixounos un traballo: escribir a historia de Livia, Lobera e Dunia, as fillas do César, nunca visita á nosa comarca.

Non defraudaremos a Pablo. Seremos merecedores da confianza que deposito en nós como anfitrións das súas personaxes.

Moitas grazas, Pablo!

sábado, 2 de mayo de 2015

NOVA SECCIÓN PARA ADULTOS

En BiblioLío pensamos nas familias, por iso, desde a visita de Francisco Narla, decidimos iniciar unha sección de préstamo e lectura para os adultos da nosa comunidade escolar.
A selección de libros que vaiamos incorporando sempre estará en relación con actividades desenvolvidas no centro, ben como visitas de dinamización, ben como actividades de formación.
Así, a primeira achega é a obra de Francisco Narla, que nos regalou Assur e Ronin para xuntalos a Caja Negra, que tiñamos adquirido para a súa visita, como libro insignia desta nova sección.
A segunda achega terá que ver coa presenza de Inés Regueiro, que nos dará formación para desenvolver o Obradoiro de Creación e Costura nacido do Concurso de Deseño de Traxe Indio, dentro do EntreLetras "Unha de Indios". Para esta ocasión, a novela elixida é O Tempo entre Costuras.
Podes coñecer a listaxe de títulos neste documento.