Mostrando entradas con la etiqueta EDNL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDNL. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de diciembre de 2015

Nadal 2015






Este ano o Nadal ten un carácter e unha estética cinéfila. Por iso, BiblioLío está cargando pilas!! Podedes ver a nosa exposición de libros sobre cine, recentemente inaugurada con motivo desta celebración.

A estética do cole está chea de referencias ao cine e entre as celebracións programadas para o fin de trimestre, algunhas terán este medio como canle comunicativa.





Para seguir o que este Nadal está a organizarse no CEIP San Xoán, coa colaboración dos proxectos de centro e de BiblioLío, convidámoste a ver estes enlaces:







Educación Responsable: O importante é compartir.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día Internacional contra a VIolencia de Xénero

O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

BiblioLío colabora co ENDL no desenvolvemento dos proxectos do centro, achegando os recursos de que dispón. Nesta ocasión, os materiais de lectura para a concienciación do noso alumnado e para facilitarnos a coeducación, están formando parte dunha exposición que inaugura unha Semana para a Igualdade de Xénero.

Podes ver a celebración desta efeméride e dos traballos xurdidos ao seu abeiro neste enlace do EntreLetras.

miércoles, 28 de octubre de 2015

Formación do profesorado para a Literatura Infantil

Como vén sendo costume no centro, un ano máis continuamos co PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
No noso intento por conseguir mellorar a competencia lectora dos nenos, seguimos a investigar novas metodoloxías. Nesta ocasión, o formador foi José Andrés García, bibliotecario na sección infantil e xuvenil da Biblioteca de León. A súa proposta foi o achegamento á literatura e á creación de contos para o Kamishibai, unha moi orixinal forma de dramatización...

Podedes acceder a máis información no noso blogue EntreLetras.

lunes, 26 de octubre de 2015

Semana do Samaín






No cole celebraremos a Semana do Samaín e do Magosto desde o 26 ata o 29 de outubro.







A biblioteca, aparte de colaborar en todas as liñas de traballo, achega a súa aportación de lecturas recomendadas para este momento: O terror, como sempre, invade os nosos andeis...

martes, 20 de octubre de 2015

Semana da Biblioteca



Do 19 a 25 de outubro celebramos a Semana da Biblioteca, con actividades de dinamización e participando na Campaña "¡Viva la Biblio!" do "Observatorio de la Lectura y el Libro" (MECD).

Podes ver toda a información neste enlace de EntreLetras.

viernes, 29 de mayo de 2015

Pablo Núñez



Por fin chegou o día da visita de Pablo Núñez ao noso cole.

Pablo é un escritor lucense de recoñecido prestixio. Coa súa novela "As Fillas do César" resultou finalista do Premio Planeta no 2008. No ano 2015 acada a súa sexta edición en castelán, contando ademáis cunha edición en galego.

Pablo falounos da importancia fundamental da lectura como primero paso para ser escritor, do proceso de escritura, das influencias, do traballo de investigación, do mundo editorial, de cine... Un luxo que quixera compartir con nós esta tarde e que estivera disposto a responder a todas cantas preguntas tiñamos preparadas.

Confesounos que decidiu escribir despois de ver "Gladiator", e curiosamente a productora desta película está interesada en levar "As fillas do César" á gran pantalla.

Estivemos tan entretidos que nos sorprendeu o timbre con moitas preguntas sen responder, esperamos volver a ver a Pablo Núñez nunca ocasión cercana. E mentras ese momento chega, deixounos un traballo: escribir a historia de Livia, Lobera e Dunia, as fillas do César, nunca visita á nosa comarca.

Non defraudaremos a Pablo. Seremos merecedores da confianza que deposito en nós como anfitrións das súas personaxes.

Moitas grazas, Pablo!

jueves, 30 de abril de 2015

INCRIBLE MATEMAXIA CON VICTOR

O día 29 de maio, Victor Pollán, o MateMago, foi o regalo para todas as clases de primaria que participaron no Concurso de Deseño de Traxes de Indio, organizado polo EntreLetras e o ENDL, para "Unha de Indios".



O MateMago actuou en dúas sesións, unha para os nenos de 1º e 2º e outra para os de 3º a 6º. Nas seisóns, os nenos calcularon, pensaron e, sobre todo... foron sorprendidos coas predicións e acertos do noso convidado.









Tes toda a información no blogue do Plan Proxecta.

miércoles, 29 de abril de 2015

VIÑERON PACO E PEPE!

Hoxe foi un día moi especial na biblioLÍO, en colaboración co proxecto "entreletras" do ENDL.



Recibimos unha visita por partida doble: en primeiro lugar tivemos a inmensa sorte de ter entre nós a Francisco Narla

Falounos sobre a importancia do respecto aso dereitos de autor e a arte de escribir historias.  Francisco é autor de novelas de recoñecido prestixio, como Assur ou Ronin  que chegaron a ser Best Seller mundial ou a relanzada, en breve, Caja Negra. En un futuro próximo presentará a súa nova obra Donde aúllan las colinas. Con el iniciaremos, en BiblioLío a nosa sección de literatura para adultos, pensada para as familias. 


Pedimos Paco a súa colaboración para o noso próximo obradoiro de escrita creativa, que terá lugar no mes de maio. Deixounos uns "storycubes": son uns dados para xerar historias con texto. En cada dado un campo semántico, polo que se poden xerar infinidade de combinacións posibles que actuan como nexos e detonantes das historias. Xa iremos dando conta das historias que deles xurdan.



Os dados de Paco

Tamén 




Non o deixamos marchar sen que nos asinara os exemplares con que nos agasallou e nos deixara constancia do seu paso pola nosa escola no libro de visitas.






En segundo lugar, e aproveitando que o 2015 é o Ano Internacional da Luz, o alumnado experimentou coas leis físicas da luz nunha sesión formativa e lúdica a cargo de José Manuel Vázquez: a composición e descomposición da luz, a existencia da luz negra e dos ultravioletas e infrarroxos e como a auga atrapa un láser verde foron algunhas das sorpresas que Pepe nos tiña preparadas.


Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis..









Fixemos uns experimentos espectaculares, e deixounos con ganas de máis. Estamos desexando que haxa unha segunda parte! Deixounos un puntero laser moi potente e un prisma para quie poidamos seguir xogando coa ciencia. 







Tamén nos deixou un libro para libroslibres. Moitas gracias Pepe!





Podes acceder a toda a información nestes enlaces do Plan Proxecta: 
Francisco Narla e os Dereitos de Autor
José Vázquez e os Experimentos coa Luz