lunes, 20 de abril de 2020

Semana do libro

Día do LIBRO. 23 de abril

Máis que nunca, nun momento na que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade.

A Orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca  Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como  Maurice  Druon,  K.  Laxness, Vladimir  Nabokov, Josep Pla ou Manuel  Mejía  Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a  contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Dende o cole, propoñemos dúas actividades

1.     INVENTAR UN  CONTO:  Tratase de inventar un  conto  cortiño, en  galego, poder  ter  debuxos, pode ser cómic, … con todos  eles  faceremos un  libriño para a biblioteca.

2.     “MEU  CONTO FAVORITO”: Tratase de explicarnos ou  voso  conto favorito,  ou  facer un  debuxo del,  ou enviar  unha foto  do  conto.

Podedes participar  nas  dúas actividades ou  soamente  nunha. Mandando un word, ou unha captura de imaxe ao correo: ceipsanxoan@gmail.com

ANIMÁDEVOS!!!!



viernes, 3 de abril de 2020

Día do libro Infantil e Xuvenil



Coincidindo co nacemento de escritor danés HANS CHRISTIAN 

ANDERSEN en 1805, hoxe, 2 de abril, celebramos o Día do Libro 

Infantil e Xuvenil. Así que.....  #QuedaNaCasa  e celébrao!



Hans Christian Andersen foi creador de moitos contos que seguro coñecedes como: “El patito feo”, “La sirenita”, “La reina de las nieves”, “El traje nuevo del emperador”, “El soldadito de plomo”, … e moitísimos máis.

Mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic

Nestes enlaces podedes atopar contos para ler e ver, entrade sen medo, e gozade deste experiencia nova dende a nosa casa.


Anímovos a participar e comentar nesta publicación o libro que vos gusta e recemendades aos vosos familiares, amigos... PARA TODOS E TODAS!