martes, 24 de marzo de 2020

El monstruo de los colores y el coronavirus


Si pincháis en la imagen e Monstruo de los colores te explicará algo

Rosa contra el viento

O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid facilita este conto para explicarlles aos nenos o coronavirus e outros posibles virus.  Podedes visualizalo e/ou descargalo picando na imaxe



Día da Poesía




Este 21 de marzo celébramos o Día Mundial da Poesía. Unha iniciativa da UNESCO que cumpre 21 anos desde a súa proclamación no París de 1999, para impulsar e preservar o xénero lírico como unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.
Por iso, para fomentalo queremos que entre todos  os que poidades fagades algún verso  sobre o que agora mesmo estamos vivindo, a nova forma de vida que estamos levando, como o estades afrontando vós e a vosas familias ou como estades facendo  para levar mellor esta situación.

Estamos en Cuarentena por el Coronavirus,
sin ver a mis amigos,
soy responsable y solidaria,
y por eso YO ME QUEDO EN CASA.

Thalia G.L Selado
Beso3º. Primaria
________________________________________

Soñar, que o sofá da casa
é un barco pirata
que navega por augas tranquilas.
Soñar, cando estás baixo a cama
que vives nun castelo fantasma
onde esqueletos e bruxas bailan samba.
Soñar, que cun balde e unha escoba
eres unha gran cabaleira
que salva un príncipe dunha meiga.
Nestes días sen saída
que pensas "non podo facer nada" 
dedica o teu tempo a ... SOÑAR.
Ángeles.
___________________________________
NA CASA
Quedar na casa
é amellor menciña 
que podemos facernos 
uns polos outros
e xa nos veremos.
Apertas. Teresa
___________________________
Imos na procura dun xogo
pecha os ollos e verás 
como rápido o conseguirás.
¡Para! para seguir,
¡Para! para poder compartir.
Nestes días na casa debes quedar 
e todos xuntos podémolo lograr. 

Apertas e ánimo para todos. Pronto estaremos de volta.
Natalia. 
__________________________________________
Queda na casa
faino por tod@s
xunt@s lograremos
rematar con esta campaña.

Moito ánimo. Jana. 
__________________________________
Para estes días tristes e raros
non estabamos preparados.
Pero... pasarán, claro que pasarán!
Días de liberdade virán.
Días de apertas chegarán.
E para vivilos axiña
o mellor é quedar na casiña.
                           Moitos BesoBesoBesoBeso a todos e ÁNIMO!     María José
_________________________________________

EDLG y Biblioteca