viernes, 29 de noviembre de 2019

Semana da Contitución

Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia

Na primeira semana deste mes temos unha data de especial conmemoración: o día 6 de decembro lembramos A CONSTITUCIÓN española e o ESTATUTO de autonomía de Galicia.

O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defende a



        IGUALDADE,  A  XUSTIZA  E A LIBERDADE

Dende a biblioteca do centro traballamos diversos a partir dos diferentes libros






lunes, 25 de noviembre de 2019

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Dende a biblioteca  do Ceip San Xoán unímos ao colectivo para loitar contra toda Violencia mediante diferentes libros que puideron ler e traballar nas aulas.



martes, 22 de octubre de 2019

Día da Biblioteca


24 de Outubro

O Día Internacional da Biblioteca nace en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Saraievo, incendiada no conflito  balcánico. Neste día téntase intensificar na opinión pública a importancia das bibliotecas nas comunidades, o seu labor de socialización, de formación, e de convivencia educativa intercultural.

Un día para aproveitar a coñecer as bibliotecas de proximidade.

A sen conto

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe devolvésea á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete  enanitos e ser a súa criada ata que un príncipe viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun raparigo; nin esperaba que San Jorge salvásea do  dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha  madrastra, dun pai ou dun fada boa.

Calzouse os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio, converténdose nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba  contracorriente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e abandonouse á súa sorte, de súpeto, salvouna a capitá  Pippi  Lå ngstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por  Matilda navegaban polo mar das letras para rescatar a todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer aos máis débiles.

Finalmente, despois de moitas tribulacións chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falaba Borges. Un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dicía Virginia  Woolf; unha nave espacial que a levaría aos puntos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado afastado e ao afastado futuro; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicou Isaac  Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todos, tamén dos sen conto, dos sen libro, dos sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

(Texto: Gemma Pasqual. Cartel: Miguel  Calatayud)

SAMAÍN

Xa está chegando o Samaín o centro, festa de Tradición galega, onde celebramos o fin do verán e damos a benvida o inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para ir entrando en ambiente, podedes traer unha cabaza decorada e participar no 4º concurso Literario de Contos de Terror. 

Os gañadores recibirán un regalo 


lunes, 23 de septiembre de 2019

Chega o Outono

Chega o Outono a Biblioteca do Centro, achegádevos e compartide os diferentes libros ambientados no outono ou que nos falan desta época do ano.




CHEGA O OUTONO CON VIVALDI



miércoles, 18 de septiembre de 2019

viernes, 4 de mayo de 2018


DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do DÍA DO LIBRO, 23 de abril do 2018, dende BilioLio pensamos:

¿Como saber que lles gusta máis aos nosos alumnos e alumnas?

E nada mellor que preguntarlles polo SEU PERSOAXE FAVORITO, do que fixeron un debuxo e explicáronnos o porque.

Este é o resultado:







martes, 10 de abril de 2018

SEMANA DA PRENSA

EXTRA, EXTRA
Na semana da prensa do 5 ao 9 de marzo
todo o colexio traballou no número 2 do noso xornal escolar.

Aquí temos o fantástico resultado!!










viernes, 6 de abril de 2018

SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE

20 de Marzo

Os alumnos de 4º plantan unha árbore no cespede do centro.

A nosa cidade cambiou os seus teitos por libros relacionados ca temática traballada.







DIA DA MULLER

8 de Marzo

Por todas as mulleres traballadoras e loitadoras celebramos este día téndoas presentes.

Fixemos unha cidade e os teitos das casas son libros escritos por mulleres.


ROSALIA DE CASTRO. ABRIDE A FIESTRA

O venres 23 de febreiro, como cada ano, conmemoramos o dïa de Rosalía de Castro.

Ao longo de toda a semana léronse poemas de Rosalía nas aulas, e cada unha escolleu un poema que despois debuxaron e expoxemos na entrada do centro.



30 de Xaneiro

30 de XANEIRO celebramos o DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.



miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía.




O noso centro festexou o día de Rosalía, coa colaboración de BiblioLío.

Queres saber máis sobre esta celebración. Entra neste enlace.

domingo, 7 de febrero de 2016

Love is in the air 2016





Un ano máis chega febreiro e o seu Love is in the Air.


Se queres saber como BiblioLío colabora con esta liña de traballo, visita o Blogue do EntreLetras.

lunes, 1 de febrero de 2016

Obradoiros de escrita creativa con TIC

Os alumnos de 5º e 6º comezarán con obradoiros de escrita creativa, utilizando a ferramenta web 2.0 Storybird.

Os contos realizados son:

5º: Grupo A - 

5º: Grupo B - As raíces malvadas.

6º: Historias de amor para febreiro.

sábado, 30 de enero de 2016

Xaneiro é o Mes da Paz


Dando soporte aos Equipos do Centro, a Biblioteca participou no desenvolvemento do Mes da Paz, que vén de finalizar.


Organizamos a Exposición de Libros de préstamo Lemos pola Paz.


Comezamos co coñecemento do Correo Postal para iniciar un proceso de escrita de cartas a outros centros cos que compartimos algún proxecto (Educación Responsable, Cinema en Curso, eTwinning), nunha campaña que levou o nome de Carteámonos pola Paz e que nos trouxo ao colexio ao Carteiro da Paz.


Pero os desexos de paz tamén foron redactados para os nenos do colexio, en pequenas cartas que formaron parte da decoración alusiva deste mes: Nubes que choven cartas.

Por último, escribimos unha mensaxe de paz para a entrada do colexio na que homenaxeamos a Manuel María, o autor das Letras Galegas 2016.

Podes ver todo o desenvolvemento neste enlace.


 

sábado, 9 de enero de 2016

Un Kamishibai ao mes!

Desde que en outubro iniciamos a nosa andaina na confección e interpretación de historias para o Kamishibai, temos que anunciar que desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa Biblioteca Escolar e a participación do claustro, poñemos en funcionamento a liña de animación á lectura en galego
 
Un Kamishibai ao mes!
 
A primeira historia adaptada foi para o Festival de Nadal, alí, os rostros dos nenos mentres se desenvolvía a acción non nos deixou lugar a dúbidas. Teríamos que continuar a profundizar no noso coñecemento do recurso e da súa explotación didáctica.
 
Por iso, desde o Nadal, xa van dúas novas historias adaptadas.
 
Esta liña de traballo terá a súa pestana propia neste blogue.

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Nace un novo espazo web!

Desde hoxe dispoñemos dun novo espazo web que contén toda a información relativa ao desenvolvemento do Programa Educación Responsable.

Podes acceder desde a imaxe ou escribindo o enderezo:

http://ceipsanxoan.wix.com/ed-responsable


martes, 15 de diciembre de 2015

Nadal 2015






Este ano o Nadal ten un carácter e unha estética cinéfila. Por iso, BiblioLío está cargando pilas!! Podedes ver a nosa exposición de libros sobre cine, recentemente inaugurada con motivo desta celebración.

A estética do cole está chea de referencias ao cine e entre as celebracións programadas para o fin de trimestre, algunhas terán este medio como canle comunicativa.





Para seguir o que este Nadal está a organizarse no CEIP San Xoán, coa colaboración dos proxectos de centro e de BiblioLío, convidámoste a ver estes enlaces:







Educación Responsable: O importante é compartir.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día Internacional contra a VIolencia de Xénero

O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

BiblioLío colabora co ENDL no desenvolvemento dos proxectos do centro, achegando os recursos de que dispón. Nesta ocasión, os materiais de lectura para a concienciación do noso alumnado e para facilitarnos a coeducación, están formando parte dunha exposición que inaugura unha Semana para a Igualdade de Xénero.

Podes ver a celebración desta efeméride e dos traballos xurdidos ao seu abeiro neste enlace do EntreLetras.