miércoles, 28 de octubre de 2015

Formación do profesorado para a Literatura Infantil

Como vén sendo costume no centro, un ano máis continuamos co PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
No noso intento por conseguir mellorar a competencia lectora dos nenos, seguimos a investigar novas metodoloxías. Nesta ocasión, o formador foi José Andrés García, bibliotecario na sección infantil e xuvenil da Biblioteca de León. A súa proposta foi o achegamento á literatura e á creación de contos para o Kamishibai, unha moi orixinal forma de dramatización...

Podedes acceder a máis información no noso blogue EntreLetras.

lunes, 26 de octubre de 2015

Semana do Samaín






No cole celebraremos a Semana do Samaín e do Magosto desde o 26 ata o 29 de outubro.







A biblioteca, aparte de colaborar en todas as liñas de traballo, achega a súa aportación de lecturas recomendadas para este momento: O terror, como sempre, invade os nosos andeis...

martes, 20 de octubre de 2015

Semana da Biblioteca



Do 19 a 25 de outubro celebramos a Semana da Biblioteca, con actividades de dinamización e participando na Campaña "¡Viva la Biblio!" do "Observatorio de la Lectura y el Libro" (MECD).

Podes ver toda a información neste enlace de EntreLetras.

jueves, 1 de octubre de 2015

Inaugurando o curso 2015/2016: SUSO LISTA






Jesús Lista Neira, coñecido como SUSO LISTA, naceu en Corme o dous de abril de 1962. 



Corme é unha localidade costeira cunha longa tadición mariñeira situada na Costa da Morte (A Coruña). Alí pasou os seus primeiros 11 anos, ata que marchou a Cheste (Valencia) a cursar estudos de EXB. Con 16 anos, embarcou como mariño mercante, percorrendo toda Europa e o norte de África.


Con 25 anos deixa o barco e se instala definitivamente en Corme para traballar como percebeiro, profesión que combina coa de actor, guionista, locutor radiofónico…


Traballou en series como Mareas vivas (en máis de 40 capítulos), Libro de familiaOs AtlánticosMatalobosPadre Casares… en longametraxes como A mariñeira e Cela 211. 

Foi guionista de curtametraxes como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, actor e guionista do documental Ida e volta (seleccionado para os premios Mestre Mateo 2007).



Inicia a súa andaina como escritor en 2005, publicando relatos no seu blog: Suso Lista. Espazo emocional e literario dun percebeiro do Roncudo, que mantén ata 2011.

Dende 2008 ata 2010 traballa como actor e guionista na serie de Tv Para mariñeiros, nós (Vtelevisión).

Dirixiu un programa cultural en Radio Roncudo, O embigho da fin do mundo, e no ano 2013 gañou o Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Cultural da Radio Galega coa obra O demo nunca dorme. 



Ten publicados dos libros de relatos: Salseiros, en 2014, (terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias) e Xeixos, en 2015.



O venres 2 de outubro, teremos o pracer de recibir na biblioteca do CEIP San Xoán a Suso, que nos falará da súa obra, dos seus oficios, ads súas experiencias… e será unha delicia escoitalo, xa que é ademáis de todo é un excelente narrador. Mentres agardamos que chegue o venres, abaixo tedes algún dos traballos de Suso Lista.