jueves, 1 de octubre de 2015

Inaugurando o curso 2015/2016: SUSO LISTA






Jesús Lista Neira, coñecido como SUSO LISTA, naceu en Corme o dous de abril de 1962. 



Corme é unha localidade costeira cunha longa tadición mariñeira situada na Costa da Morte (A Coruña). Alí pasou os seus primeiros 11 anos, ata que marchou a Cheste (Valencia) a cursar estudos de EXB. Con 16 anos, embarcou como mariño mercante, percorrendo toda Europa e o norte de África.


Con 25 anos deixa o barco e se instala definitivamente en Corme para traballar como percebeiro, profesión que combina coa de actor, guionista, locutor radiofónico…


Traballou en series como Mareas vivas (en máis de 40 capítulos), Libro de familiaOs AtlánticosMatalobosPadre Casares… en longametraxes como A mariñeira e Cela 211. 

Foi guionista de curtametraxes como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, actor e guionista do documental Ida e volta (seleccionado para os premios Mestre Mateo 2007).



Inicia a súa andaina como escritor en 2005, publicando relatos no seu blog: Suso Lista. Espazo emocional e literario dun percebeiro do Roncudo, que mantén ata 2011.

Dende 2008 ata 2010 traballa como actor e guionista na serie de Tv Para mariñeiros, nós (Vtelevisión).

Dirixiu un programa cultural en Radio Roncudo, O embigho da fin do mundo, e no ano 2013 gañou o Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Cultural da Radio Galega coa obra O demo nunca dorme. 



Ten publicados dos libros de relatos: Salseiros, en 2014, (terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias) e Xeixos, en 2015.



O venres 2 de outubro, teremos o pracer de recibir na biblioteca do CEIP San Xoán a Suso, que nos falará da súa obra, dos seus oficios, ads súas experiencias… e será unha delicia escoitalo, xa que é ademáis de todo é un excelente narrador. Mentres agardamos que chegue o venres, abaixo tedes algún dos traballos de Suso Lista.










No hay comentarios:

Publicar un comentario